Carlos

Disque en setembro viron a Carlos Calvo en Quistiláns. Dou fe que pode ser certo.

En setembro Carlos Calvo estivo na nosa casa. Estivera outras veces antes e estará sempre que el queira e poida vir.

Carlos é un rapaz que gosta das conversar cos maiores, aqueles aos que efemisticamente se deu en chamar “terceira idade”.

 Estivo na nosa casa saudando ao (como diría el mesmo) o Patrón.

Desde tempos remotos a mocidade de Quistiláns e de algunha outra aldea próxima aproveita as tardes calurosas para irse bañar ao río de Villestro, un río que desemboca no Sar  e que últimamente a “oficialidade” deu en chamar Rio Roxos. A paraxe é certamente fermosa. Alí aprenderon  a nadar a maior parte das crianzas da contorna antes de se poñer de moda as piscinas.

Despois de estar na nosa casa esa tarde de setembro Carlos e uns cuantos amigos foron bañarse ao rio, coma otras moitas veces.

Polo tanto é certo que o Carlos estivo na zona onde secuestraron a Senlheiro. Tamén estiven eu, e metade da poboación de Framil e do Instrumento, de Quistiláns, de Costoia ou do Outeiro.

Se frecuentar a zona dos Batáns é delito, que vaian construindo cárceres, que non imos caber nas que hai!!!

Paz Romai, amiga de Carlos.

Advertisements

2 comentarios en “Carlos

  1. Non sei porque dis que ese río non se chama río de Roxos. Foino así toda a vida, e non hai tal oficialidade. O que nunca se chamou foi río de Villestro. Dicho un de Roxos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s