Polo direito á rebelión contra a inxustiza

CristinaAmorCóntanos o Carlos que nunha situación concreta, desde que está na cadea, sentiuse como Gregorio Samsa; un protagonista das obras de Kafka. Eu diría que ante a irracionalidade da xustiza e do sistema penitenciario ben puidese ser protagonista de calquera obra kafkiana (O ProcesoA Condea, …).

Todo isto fica ben demostrado polos últimos acontecementos no xuizo dos dous compañeiros sindicalistas Telmo e Miguel que, apesar dos insuficientes indicios, foron xulgados inxustamente até o ponto de, no caso de Miguel, pasar pola cadea cando, de acordo coa sentencia que se dictou, non lle correspondía.

Todo isto induce a pensar o ilóxico e irracional –ou calquera outro adxectivo kafkiano que se nos puidese ocorrer- que ten en si mesma a xustiza. Xa se sabe que todos estes procesos xudiciais perseguen uns claros fins dentro do sistema que non é máis que acrecentar o medo para frear a loita polos dereitos e as liberdades. A metodoloxía empregada trata de amortecer todo tipo de loita. A modo de exemplo, nas loitas contra a privatización dos sectores públicos (sanidade, ensino,…) pretenden facernos crer que sempre será mellor estar privatizado que non sen traballo. Cando na realidade ven sendo o mesmo dado que, un dos obxectivos da empresa privada é reducir  o número de traballadoras e traballadores.

Do mesmo xeito acontece co dereito de autodeterminación do noso povo, criminalizando calquera reivindicación neste sentido ademáis de pretender facernos ver que non é o momento axeitado pola situación económica actual, cando sabemos que coa  independencia da nosa nación teríamos máis marxe de governabilidade ante esa situación.

Todo isto nos ten que facer reflectir que canto máis tenten coartar os nosos dereitos con máis forza teremos que loitar por eles.

Polo tanto, debemos solidarizarnos con todas as persoas que, como o Carlos, padecen na cadea a represión por simplemente manter viva esa capacidade de loita. Por iso “diremos non á neutralidade humana, non ao devastador imperio da cobiza, porque así decimos sí ao dereito á rebelión contra a inxustiza. Decindo non á liberdade do diñeiro decimos sí á liberdade das persoas. Decindo non ao egoísmo dos poderes, decimos si á solidariedade que confirma a forza da fraternidade máis poderosa”; citas do libro de Eduardo Galeano “Nosotros decimos no”.

Obrigada! Carlos polo teu tesón. Moitos azos. Mentres haxa persoas que pensamos coma ti nunca estarás só.

Agardo verte pronto en Loureda, parroquia do noso concello de Ordes.

Ordes, 25 de fevreiro do 2013

Cristina Amor. Militante de Anova

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s