Dominación polo terror

JorqueraPor unha vez, e sen que sirva de precedente, permitídeme que recurra ao dicionario da Real Academia Española. No avance da súa vixésimo terceira edición define terrorismo como “dominación polo terror”.

O Partido Popular ven de propor que o Parlamento de Galiza aprobe unha declaración institucional contra o terrorismo en Galiza. Padecemos en Galiza un intento de dominación polo terror?.

Quizá os meus prexuízos impídenme comprender que os voceiros do PP o que denuncian é a doutrina do Shock. A doutrina do Shock: auxe do capitalismo do desastre é un libro no que periodista canadense Naomi Klein analiza como o capitalismo neoliberal se apoia nos desastres para fortalecerse, aproveitando a conmoción e confusión dos momentos de crise, para impactar na psicoloxía social e  conseguir a aceptación de reformas antipopulares.

Xa o dixera Milton Friedman, Gurú da Escola de Chicago, no seu libro de cínico título Capitalismo e liberdade: “Só unha crise -real ou percibida- dá lugar a un cambio verdadeiro. Cando esa crise ten lugar, as accións que se levan a cabo dependen das ideas que flotan no ambiente. Creo que esa ten que ser a nosa función básica: desenvolver alternativas ás políticas existentes para mantelas vivas e activas ata que o politicamente imposible se torne politicamente inevitable”.

En definitiva, un relato perfecto do que está acontecendo, de como esta crise sistémica está a ser utilizada para acentuar a dominación.  A dominación polo terror.

Máis, a pesar da miña inxenuidade conxénita,  temo que o PP non se refire a este terrorismo realmente existente. Temo que en vez de denunciar a doutrina do Shock o que pretende é aplicala, presentándonos unha realidade que non existe para crear alarma, desviar a atención dos problemas reais e xustificar a represión.

A mesma doutrina do shock que mantén vivas leis e tribunais de excepción. A mesma doctrina do shock que permite o uso e abuso da prisión preventiva, do primeiro grao penintenciario ou do alonxamento dos presos da súa terra e entorno social. Noutras palabras, facer da pantasma do terrorismo unha cortina de fume e dominarnos polo terror.

Por iso, hoxe máis que nunca: Que volten a casa! Queremos ver a Carlos de volta para Loureda!

Francisco Xesús Jorquera Caselas. Portavoz do BNG no Parlamento Galego

Advertisements

2 comentarios en “Dominación polo terror

  1. SO BUSCAN PÓLEMICAS E DO QUE VIVEN ..
    os TERRORISTAS son Feijoo e Rajoy ASESINOS en grado de complicidad e dirección.. son de Vigo e pedín cita para o oculista e deronme para dentro de 4MESES e dinme que e NORMAL que non ai especialistas e logo encheselhe a boca a falar de que seu goberno corruto as listas de espera reducironse a non sei canto. PROPAGANDA e mais PROPAGANDA agora co do TERRORISMO TAMÉN mais do mesmo.. coa Lingüa DÍ QUE NON VIVE DA PÓLEMICA eos demais parece ser que nos interesa como caiu da boca o LADRÓN CORRUTO E COMPLICE … no seu tempo interesaballe a PÓLEMICA e tenta de MASACRAR nosa Identidade e CULTURA… agora xa non? agora somos os demais? Sres/as do PartidoPútrido .. NON SE TRATA DE PÓLEMICA DO QUE TANTO LEVAN VIVINDO tratase de identidade própia E cultura.. ¿PERO QUE LHES PASA? preguntome eu algúns dias e tan dificil entender? NOSA pois e NOSA ede Todxs I ELES VAN E INTENTAN LEXISLALA? Crearon esa malparida Lei ..PERO AGORA deixannos elexir os pais e segun os pais ou centros ou mestres de turno decidese como e de que forma ensinar ? pero bueno !! xa esta ben non? e que estes impresentables non se ponhen limites núnca? nin se quera co mais noso? coa CULTURA… IDENTIDADE LINGÜA dun pais !! manda ¿que lhes pasa a estes? ¿que lhes pasa?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s