Unha carta

Anote o que vexa e o que escoite. A linguaxe dos cargos públicos, as frases cotiás nas rúas, os bares, as pelexas, o amor. Aproveite deliberadamente cada traballo para investigar, para vivir algo novo. […] Sexa seria. Vaia ás fábricas e ás empresas, vaia onde teña que ir. Traballe e tome imaxes. Despois do traballo, fotografíe o esgotamento, pero tamén os patróns e os clientes. Nas seguintes semanas, pasee de noite pola cidade. Daquela verá o que doutro xeito non podería ver. Sexa paciente. Amose o seu interese polas sombras, polo negro e as mudanzas da luz. Tire fotos, rexéiteas, e volte tirar fotos. Cando o faga, aprenderá. Traballe en cor e en branco e negro. Thomas Heise. “Carta a unha estudante de bacharelato descoñecida”. Fragmentos de procura.

mcebreiroTrátase de imaxinar o encerro.

Quen non pode imaxinar o encerro non pode escribir unha carta.

Quen non pode imaxinar o imposible non pode entrar no sentido dos seus soños.

 

Pero esta carta non é a fronteira, senón a ponte.

Quere chegar, aínda que non saiba a que destino.

Quere ser recollida, aínda que non saiba por que mans.

 

Ás veces o silencio é a linguaxe do corpo.

E despois vén o Estado, que non é unha tormenta pero está feito de aire.

Vive no noso alento e por iso atravesa os muros das prisións.

Fóra del, vexo nomes de piratas e de prófugos,

sinto o tacto da man que non me toca, a cinza que arde nos ollos que non miran.

 

O silencio do Estado converte calquera silencio noutra cousa.

 

Nada do que hai na terra é simple.

Ninguén fala do esforzo do sol por nacer cada día.

Ninguén coñece a dor da montaña cando rompe, o boureo do mar cando se deita.

Non podemos saber o que lle custa á lúa dividirse entre os dous hemisferios.

Non é un traballo doado florecer.

María do Cebreiro. Escritora

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s