Terrorismo patriarcal

goretiO 15 de setembro de 2012 Carlos Calvo é detido pola policía en Vigo acusado de pertencer a unha suposta organización terrorista. Naquela altura xa eran 35 as mulleres asasinadas ese ano polas súas parellas ou ex-parellas no Estado español, un número que chegaría ao 49, segundo as estatísticas oficiais, a finais de 2012. De todas estas mulleres, 5 eran galegas. Tiñan nome e apelidos, coñeciámolas, sabiamos delas. As vítimas da suposta organización terrorista de que fala a policía no caso de Carlos Calvo, ulas?, alguén as viu?

Nun dos asasinatos de mulleres a que me acabo de referir, a policía acudiu ao lugar alertado pola veciñanza até en tres ocasións e decidiu non actuar. Cando finalmente entrou na vivenda, horas máis tarde, a muller xa falecera. Os corpos de seguranza seica ficaron convencidos a través dunha porta que non se abriu de que non pasaba nada. Non podían entrar no domicilio, a pesar de esta muller chamar uns días antes ao 016, o teléfono de atención ás mulleres vítimas de malos tratos. Tanto os responsábeis dos mandos policiais como as autoridades políticas din que non poden violar a Lei de axuizamento criminal e que a policía sabe como e cando ten que intervir. Velaquí a chave de todo: a policía sabe ben cando e como non ten que intervir e sabe ben como e cando si ten que facelo.

Porque no caso de Carlos Calvo poden cometerse inxustizas e abusos baseándose nun terrorismo ficticio, poden reter unha persoa amparándose nunha lexislación inxustificada. Velaí temos Carlos Calvo no cárcere, a pesar de non existiren probas contra el, a pesar de non existir risco de fuga, a pesar de non existir perigo para ninguén. Para alén desta privación de liberdade, do isolamento que significa o traslado continuo de prisión, teñen que xustificar estes feitos tirando da gabeta outras causas noutrora cerradas.

A retención de Carlos é, como tantos outros, un caso de abuso dos resortes legais para manter preso alguén. Esixirmos a súa liberación inmediata responde a un sentimento de xustiza que continuaremos a proclamar; do contrario, teremos que acreditar en que están a fabricar as probas para o inculparen. Non é só un problema humanitario, de afastamento da súa terra e do seu contorno, da súa familia e das súas amizades. Falamos de tentaren achar argumentos que xustifiquen a represión e o control ideolóxico. E se sempre temos que sospeitar das criminalizacións que practica o Estado, cando os elementos en que se basea para o facer son HUMANOS, o único que podemos facer é reaxir axiña. Iso ou agardar a que continúe a cadea.

Porque se a elas as mataron por se rebelaren contra un destino marcado polo patriarcado, o de negar e silenciar a súa voz, as nosas voces, a Carlos méteno no cárcere por se rebelar contra o destino marcado por un estado opresor: negar e silenciar a súa voz, as nosas voces.

Goretti Sanmartín Rei. Filóloga e escritora

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s