Al pan, pan; y al vino…

scaleGuardia Civil vén de conmemorar o 169 aniversario da súa fundación, e polo tanto, actividade armada. No acto, celebrado na cidade da Coruña e segundo información do xornal La Voz de Galicia, foron condecorados tanto “gardas” como persoal alleo ao “corpo”. Un deses premiados alleos foi o xornalista José Manuel Pan, redactor do citado xornal e “que habitualmente cubre las informaciones sobre el instituto armado y la Dirección General de Tráfico” segundo o propio medio.

Non parece un recoñecemento menor nin casual. Adóitase reclamarlle ao xornalismo a condición de imparcial, que debera ser unha característica que en último termo residira na honestidade persoal do propio xornalista. Ben é certo que este recoñecemento queda certamente admirable e esixible na teoría, pero tórnase moi difícil de compaxinar cando reparamos en que, no fondo, estamos a falar de que un traballador ouse desafiar ordes directas de superiores xerárquicos.

A patoloxía que sofre hoxe en día o xornalismo reside aí. Como ben comenta Pascual Serrano, “os medios tentan dar aparencia de neutralidade, pero o xornalista ten que ter valores e tomar posicións”, malia que este desexo sexa altamente impracticable nas deplorables condicións laborais da profesión, aspecto que tamén denuncia o propio Pascual Serrano. Cando o profesional non exerce a dignidade, ben sexa por pura prostitución ou porque as súas condicións reais llo impiden, non podemos falar de xornalismo. Que temos entón? Pois nin máis nin menos que a simples escribentes que, en moitos casos, tan só transcriben as notas de prensa dunha parte, que obviamente sempre é a máis forte. O acto pornográfico adquire maior dimensión cando se violan todas as normas da ética, dos códigos deontolóxicos e do sentido común, cando se sabe que se causan danos irreparables e se fulminan dereitos fundamentais como a presunción de inocencia pero se está a servir unha farsa, ou cando menos, unha versión sen confirmar.

Unha simple busca na web da Voz ofrécenos unha das vías polas que relacionar ao citado xornalista co galardón que lle foi concedido. Pan é unha das sinaturas habituais nas novas que elabora o xornal (non nas de axencia) sobre a presunta existencia dunha banda terrorista no noso País e sobre as detencións de supostos membros desa invisible organización, así como as súas peripecias e as irrefutables probas que vincularían a cidadáns galegos situados na disidencia política con actos delitivos. Dito doutro xeito, este xornalista é un dos servidores da fábula que os corpos de seguridade, o Ministerio do Interior e a Delegación do Goberno están a artellar sobre a presunta existencia de terrorismo en Galiza.

Cando o xornalismo se deita co poder deixa de cumprir a súa función, e polo tanto, deixa de ser xornalismo. Precisamente iso, que non exista xornalismo, é o que premia o aparello institucional español e do que se serve para publicar as súas “informacións” nos medios ao seu servizo.

Xogo descuberto.

Advertisements

Un comentario en “Al pan, pan; y al vino…

  1. Ficar no recordo, por vulnerar dereitos humanos e reproducir sistematicamente comunicados policiais sen contrastar, é o premio inmaterial que lle dará a sociedade a esta caste de xornalistas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s