Pola volta do Carlos

meixideNon sei ben se coñezo a Carlos, ou si, seguramente o coñeza, seguramente teñamos coincidido máis dunha vez, non son tantos os Carlos xornalistas que andamos por Compostela e ese sorriso da foto resúltame coñecido… Non son tantos, en definitiva, os mozos desta cidade comprometidos co país ata o ponto de colaborar cun medio de comunicación alternativo que desvela as atrocidades dos poderosos do país, ou que axudan a erguer centros sociais activos e abertos que poñen en evidencia o odio acérrimo dos desleigados que gobernan esta cidade cara a todo canto siñifique creatividade, comunidade, cultura e lingua galega, monstros de garavata e rosario que fixeron da penitencia salvoconduto para arrasaren esta cidade que, en tempos fora iso, cidade, hoxe apenas un ermo onde o máis fascinante que pode facer un é patinar durante catro meses ao pé da Berenguela.

Un quere pensar ás veces que, malia todo, o mundo non é de todo inxusto, pero é imposíbel abstraerse deste pesadelo kafkián. De súpeto, un día, dinche que levaron un mozo, un veciño; aos poucos días, é unha moza, unha veciña, talvez unha amiga, a que é arrincada da súa familia e dos seus amigos. O horror non razoa nin atende a razóns. É así: cego, xordo, arbitrario, insensíbel… inda que teña cara de pimpín untado en Nivea.

Hoxe coñezo mellor a Carlos. Vexo os seus deseños, os seus pensamentos, as súas reflexións neste blog e confírmame o que xa presentía, e é que compartimos un anceio común: o humilde anceio de non querermos ser estranxeiros na nosa propia terra. Por iso agardo a súa volta, e a de tod@s @s compañeir@s que sofren o horror nos peores penais do Estado: Porque hai moito que facer e, ante todo, non poden roubarnos o sorriso, pois o sorriso é o país que nos queda, polo que paga a pena seguir loitando.

Carlos Meixide. Xornalista, escritor, monologuista, membro de Os da Ría.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s