Diante da difusom estes dias dum correio electrónico enviado de jeito aberto a várias pessoas, entidades e colectivos com umha ligaçom a umha página web alojada na rede Tor, dizque chamada A Fouce, VOZ DA RESISTÊNCIA GALEGA, vemo-nos na obriga de deixar claros publicamente certos aspectos referentes à pessoa do Carlos Calvo. Nessa web, da que desconhecemos quem a promove, entre outras cousas diz-se que a página é um “vozeiro da Galiza clandestina” para “alentar o formoso combate armado do povo galego contra Espanha”. Esta web inclui umha fotografia do Carlos, que liga directamente com a página web aberta de Ceivar, e chama a contribuir economicamente de maneira discreta e anónima através de Bitcoin. Aliás, também contém consellhos de como nom deixar rasto das anteditas açons delituosas para manter estruturas clandestinas e dar aumentado o que dizque é umha situaçom de luita armada na Galiza.
Ante tal esperpento e ante a apariçom da fotografía do Carlos nessa página, queremos esclarecer:
Carlos Calvo é umha pessoa galega, independentista, que foi detido em Setembro de 2012 sob a acusaçom de possessom de explosivos e de pertença a Resistência Galega. Desde essa data encontram-se preso, actualmente na prisom de Topas (Salamanca). Umha sentença da Audiência Nacional condenou-no de jeito provisório em Maio de 2014 a 12 anos de cadeia polos supostos cargos mencionados.
Em todo este tempo, o Carlos, amplamente conhecido polos seus textos e escritos públicos e polo seu labor jornalístico, filosófico e antropológico, entre outras muitas cousas, jamais aceitou que pertencesse a grupo nenhum nem a nenhumha forma de organizaçom chamada Resistência Galega, quer em maiúsculas quer em minúsculas. Nestes dous anos e três messes que se leva defendendo com todos os recursos possíveis da injusta situaçom em que vive, sempre insistiu na sua negativa de pertencer a nenhum grupo que defenda a luita armada e assim o reiterou, nem só perante o juiz e na prisom, mas em todas as suas manifestaçons, escritos públicos e cartas.
É por este motivo que pedimos que se retire decontado a imagem do Carlos de webs que acirram possíveis e obscuras açons indesejáveis para a Galiza. O Carlos jamais autorizou a difusom da sua imagem de jeito singular e também nom como apoio a nenhum colectivo de presos nem a manifestos de nenhumha caste. Entende que nestes mais de dous anos se fiz umha utilizaçom interessada e umha manipulaçom por parte de diferentes entidades da sua situaçom como preso para fins com os que nom concorda em absoluto.
A resultas disto, aproveitando este texto aclaratório relativo à web A Fouce, pedimos-lhe também a Ceivar e a Que Voltem para a Casa, após dous anos e três messes a sofrer as suas manipulaçons caladamente, que deixem de empregar a imagem e o caso do Carlos nas suas propagandas e nas suas acçoms e meios de difusom. O Carlos nunca disse que pertencesse ao chamado Colectivo de Presos Independentistas Galegos nem está a ser defendido por nenhum advogado de Ceivar, nem recebe nehum dinheiro do que recadam. Também nom achamos aceitáveis açons que dizque som de solidariedade mas que jamais se lhe consultárom a ele e nas que nem participou a sua família nem a maioria de amigos mais próximos. Com isto queremos deixar claro que agradecemos enormemente as mostras de apoio de numerosas pessoas que a nível individual e colectivo se fizérom em todo este tempo, luitando porque se faça luz no caso do Carlos e porque remate a situaçom de injustiça que padece e a vulneraçom de direitos à que fica submetido, entre outros, a dispersom penitenciária, o regime de isolamento e umha condena judicial para nada proporcional nem ajustada à verdade. Mas nom por isso nem porque muitas pessoas actuassem de boa fé, podemos consentir que sigam a manipular e a impor estrategias ditadas e inventadas nom sabemos por quem, que só levam a um maior sofrimento e a problemas do ponto de vista individual e cole ctivo.
Carlos sempre foi umha pessoa que gosta de deixar as cousas claras e por isso publicamos este texto para que toda a gente puder conhecer a realidade. Animamos a toda a sociedade a reclamar a liberdade do Carlos, o cumprimento dos direitos humanos, e a que se fizer verdadeira justiça , mas nom dirigida por agentes com os que nom temos nada a ver.
Benet Salellas i Vilar, advogado de Carlos Calvo Varela
________________________________________________________________________________________
Ante la difusión en los últimos días de un correo electrónico enviado de forma abierta a varias personas y entidades y colectivos con un enlace a una página web hospedada en la red Tor y que dice llamarse A Fouce, VOZ DA RESISTÊNCIA GALEGA, nos vemos en la obligación de dejar claros públicamente ciertos aspectos referentes a la persona de Carlos Calvo. En esa web, que desconocemos quien promueve, entre otras cosas se dice que esa página es un “portavoz de la Galicia clandestina” para “alentar el hermoso combate armado del pueblo gallego contra España”. Dicha web incluye una fotografía de Carlos, que enlaza directamente con la página web abierta de Ceivar, y llama a contribuir económicamente de forma discreta y anónima a través de Bitcoin, incluyendo consejos de cómo no dejar rastro de dichas acciones delictivas, para mantener estructuras clandestinas y poder aumentar lo que dicen que es una situación de lucha armada en Galicia.
Ante tal esperpento y ante la aparición de la fotografía de Carlos en dicha página, queremos aclarar:
Carlos Calvo es una persona gallega, independentista, que fue detenido en septiembre de 2012 bajo acusación de tenencia de explosivos y pertenencia a Resistencia Galega. Desde esa fecha está preso, actualmente en la prisión de Topas (Salamanca). Una sentencia de la Audiencia Nacional lo condenó de forma provisional en mayo de 2014 a 12 años de prisión por los supuestos cargos mencionados.
En todo este tiempo, Carlos, ampliamente conocido por sus textos y escritos públicos y por su labor periodística, filosófica y antropóloga, entre otras muchas cosas, nunca ha aceptado que perteneciese a ningún grupo ni forma de organización llamado Resistencia Galega, léase en mayúsculas o en minúsculas. En estos dos años y tres meses que lleva defendiéndose con todos los recursos posibles de la injusta situación en la que vive, siempre ha insistido en su negativa de pertenecer a ningún grupo que defienda la lucha armada y así lo ha reiterado no solo ante el juez y en la prisión, sino en todas sus manifestaciones, escritos públicos y cartas.
Es por este motivo que pedimos que se retire inmediatamente la imagen de Carlos de webs que alientan posibles y oscuras acciones nada deseadas para Galicia. Carlos nunca ha autorizado la difusión de su imagen ni de forma singular ni tampoco como apoyo a colectivo de presos alguno ni a manifiesto de ningún tipo. Entiende que en estos más de dos años se ha hecho una utilización interesada y una manipulación por parte de diferentes entidades de su situación como preso para fines con los que no está de acuerdo en absoluto.
Es por eso que, aprovechando este texto aclaratorio relativo a la web A Fouce, le pedimos también a Ceivar y a Que Voltem para a Casa, después de dos años y tres meses sufriendo sus manipulaciones y permaneciendo callados, que dejen de utilizar la imagen y el caso de Carlos en sus propagandas y en sus acciones y medios de difusión. Carlos nunca ha dicho que pertenezca al llamado Colectivo de Presos Independentistas Galegos, ni está siendo defendido por un abogado de Ceivar, ni recibe ningún dinero del que recaudan, tampoco nos parecen de recibo acciones que dicen ser de solidaridad pero que nunca se le han consultado a él y en las que no han participado ni su familia ni la mayoría de amigos más próximos. Con esto queremos dejar claro que agradecemos enormemente las muestras de apoyo de numerosas personas que a nivel individual y colectivo han hecho en todo este tiempo, luchando por se haga la luz en el caso de Carlos y porque termine la situación de injusticia que padece y la vulneración de derechos a la que está sometido, entre otras, la dispersión penitenciaria, el régimen de aislamiento y una condena judicial para nada proporcional ni ajustada a la verdad. Pero no por eso, y porque muchas personas hayan actuado de buena fé, podemos consentir que se sigan manipulando e imponiendo estrategias dictadas e inventadas no sabemos por quien, que solo llevan a un mayor sufrimiento y problemas desde el punto de vista individual y colectivo.
Carlos siempre ha sido una persona a la que le gusta dejar las cosas claras y por eso publicamos este texto para que todo el mundo pueda conocer la realidad. Animamos a toda la sociedad a reclamar la libertad de Carlos, el cumplimiento de los derechos humanos, y a que se haga verdadera justicia, pero no dirigida por agentes con los que no tenemos nada que ver.
Benet Salellas i Vilar, Abogado de Carlos Calvo Varela
________________________________________________________________________________________
Ante a difusión nos últimos días dun correo electrónico enviado de xeito aberto a varias persoas e entidades e colectivos cun enlace a unha páxina web hospedada na redeTor e que di chamarse A Fouce, VOZ DA RESISTÊNCIA GALEGA, vémonoso na obriga de deixar claros publicamente certos aspectos referentes á persoa de Carlos Calvo. Nesa web, que descoñecemos quen promove, entre outras cousas dise que esa páxina é un “portavoz da Galiza clandestina” para “alentar o fermoso combate armado do pobo galego contra España”. Dita web inclúe unha fotografía de Carlos, que enlaza directamente coa páxina web aberta de Ceivar, e chama a contribuir economicamente de xeito discreto e anónimo a través de Bitcoin, incluindo consellos de como non deixar rastro de ditas accións delitivas, para manter estruturas clandestinas e poder aumentar o que din que é unha situación de loita armada en Galiza.
Ante tal esperpento e ante a aparición da fotografía de Carlos en dita páxina, queremos aclarar:
Carlos Calvo é unha persoa galega, independentista, que foi detido en setembro do 2012 baixo acusación de posesión de explosivos e pertenza a Resistencia Galega. Desde esa data está preso, actualmente na cadea de Topas (Salamanca). Unha sentenza da Audiencia Nacional condenouno de xeito provisional en maio de 2014 a 12 anos de prisión polos supostos cargos mencionados.
En todo este tempo, Carlos, ampliamente coñecido polos seus textos e escritos públicos e polo seu traballo xornalístico, filosófico e antropolóxico, entre outras moitas cousas, nunca aceptou que pertencese a ningún grupo nin forma de organización chamado Resistencia Galega, léase en maiúsculas ou en minúsculas. Nestes dous anos e tres meses que leva defendéndose con todos os recursos posibles da inxusta situación na que vive, sempre insistiu na súa negativa de pertencer a ningún grupo que defenda a loita armada e así o reiterou non só diante do xuíz e na prisión, senón en todas as súas manifestacións, escritos públicos e cartas.
É por este motivo que pedimos que se retire inmediatamente a imaxe de Carlos de webs que alenten posibles e escuras accións nada desexadas para Galiza. Carlos nunca autorizou a difusión da súa imaxe nin de xeito singular nin tampoco como apoio a colectivo de presos algún nin a manifesto de ningún tipo. Entende que nestes máis de dous anos se ten feito en reiteradas ocasións unha utilización interesada e unha manipulación por parte de diferentes entidades da súa situación como preso para fins cos que non está de acordo en absoluto.
É por iso que, aproveitando este texto aclaratorio relativo á web A Fouce, pedímoslle tamén a Ceivar e a Que Voltem para a Casa, despois de dous anos e tres meses sufrindo as súas manipulacións e permanecendo calados, que deixen de utilizar a imaxe e o caso de Carlos nas súas propagandas e nas súas acción e medios de difusión. Carlos nunca dixo que pertenza ao chamado Colectivo de Presos Independentistas Galegos, nin está sendo defendido por un avogado de Ceivar, nin recibe ningún diñeiro do que recaudan, tampoco nos parecen de recibo accións que din ser de solidariedade pero que nunca se lle consultaron a el e nas que non participan nin a súa familia nin a maioría de amigos máis próximos. Con esto queremos deixar claro que agradecemos enormemente as mostras de apoio de numerosas persoas que a nivel individual e colectivo fixeron en todo este tempo, loitando para que se faga a luz no caso de Carlos e para que remate a situación de inxustiza que padece e a vulneración de dereitos á que está sometido, entre outras, a dispersión penitenciaria, o réxime de illamento e unha condena xudicial para nada proporcional nin axustada á verdade. Pero non por iso, e porque moitas persoas teñan actuado de boa fé, podemos consentir que se sigan manipulando e impoñendo estratexias ditadas e inventadas non sabemos por quen, que só levan a un maior sufrimento e problemas dende o punto de vista individual e colectivo.
Carlos sempre foi unha persoa que gosta de deixar as cousas claras e por iso publicamos este texto para que todo o mundo poida coñecer a realidade. Animamos a toda a sociedade a reclamar a liberdade de Carlos, o cumprimento dos dereitos humanos, e a que se faga verdadeira xustiza, pero non dirixida por axentes cos que non temos nada que ver.
Benet Salellas i Vilar, Avogado de Carlos Calvo Varela