Carlos foi trasladado á prisión de Estremera

Carlos chegou onte á prisión de Estremera, ao sur de Madrid. No penal de Topas (Salamanca), onde estivo nos últimos dous anos, van realizar obras nos módulos de isolamento. É por iso que trasladaron a todos os presos que estaban en isolamento en Topas para outras cadeas mentres duren as obras alí. O novo destino de Carlos é Estremera. O enderezo para enviarlle cartas a partir de agora é o seguinte. Lembrade que Carlos continúa a ter todas as comunicacións intervidas, que as cartas tardan ao redor de tres semanas en entregarllas desde que se lle envían porque antes revísanas, e que sempre teñen que levar no sobre remite con nome e enderezo da persoa que escribe.

Carlos Calvo Varela

Centro Penitenciario Madrid VII – Estremera

Ctra. M-241, km 5.750

28595 Estremera

Madrid

 

Advertisements