O Tribunal Supremo dictou o 23 de decembro do 2014 unha sentenza dada a coñecer o 13 de febreiro do 2015 na que estima parcialmente o recurso de casación interposto pola defensa de Carlos e o absolve de pertenza a organización terrorista. Con esta decisión, o Tribunal Supremo rebaixa de 12 a 7 anos de prisión a pena privativa de liberdade imposta pola Audiencia Nacional en maio do 2014.