Por que e que é 25/2015 (A exposición)

Once locais de Santiago, A Coruña, Vigo, Lugo, Ferrol, Ordes e A Laracha acollerán durante todo o mes de setembro unha exposición simultánea de debuxos de Carlos

A mostra recolle parte dos centos de desenhos que enviou en cartas a amigos e familiares nos últimos tres anos desde as sete prisións polas que leva pasado desde que o detiveron en setembro do 2012

Titulada 25/2015, número da última sentenza provisional da Audiencia Nacional que o condenou a 7 anos de cadea, a exposición pretende ademais chamar a atención sobre a situación na que se atopa el, encarcerado a centos de quilómetros da súa casa e pendente do recurso no Tribunal Supremo no que se reclama a súa absolución

DOC013c copy
Once locais acollerán durante todo o mes de setembro unha exposición simultánea de debuxos de Carlos. A mostra poderá verse durante todo o mes en varios puntos da xeografía galega. Así, estará á vez en Ferrol (Ateneo Ferrolán), A Coruña (Centro Social Gomes Gaioso e Ateneo Libertario Xosé Tarrío), Santiago de Compostela (Centro Social Gentalha do Pichel, Taberna O’Pozo, As Dúas S. Cooperativa Galega e Café/Bar Caldeirería 26), Vigo (Bar De Catro a Catro), Lugo (Centro Social Madia Leva), A Laracha (Barbería de Masús) e Ordes (Bar Orellas).

Baixo o nome 25/2015, a exposición recolle parte dos centos de debuxos que, ao longo dos últimos tres anos, Carlos enviou por carta aos seus familiares e amigos desde as sete prisións diferentes polas que leva pasado. Preso actualmente no centro penitenciario de Villabona (Asturias), Carlos, que tamén colabora habitualmente con varios medios de comunicación escribindo desde o cárcere artigos de análise social e política e tamén de carácter filosófico e antropolóxico, está pendente de que se acabe de tramitar o recurso interposto ante o Tribunal Supremo contra a última sentencia da Audiencia Nacional que en abril o condenou provisionalmente a 7 anos de prisión. A defensa de Carlos reclama a súa absolución despois de que fose condenado na sentencia número 25/2015 por uns feitos que lle son totalmente alleos e dos que nin sequera fora acusado e nin se debateron nin mencionaron durante o xuízo.

Todos os debuxos expostos poderán ademais adquirirse. En total, a mostra 25/2015 está formada por 60 debuxos diferentes de Carlos C. Varela e de cada un deles hai dúas copias. Cada un dos 11 espazos participantes na mostra expoñerán un total de dez debuxos, de xeito que ningún dos locais terá nas súas paredes exactamente as mesmas obras que outro.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s