Presentación de “Diários”. Vídeo resumo

26 de novembro do 2015. Facultade de Filosofía da USC. Vídeo resumo da presentación-lanzamento do libro “Diários”, de Carlos, editado por Através.

Advertisements

O xoves 26 de Novembro, ás oito da tarde, no Salón de Actos da Facultade de Filosofía de Compostela, presentación-lanzamento público de ‘Diários’

Presentación de 'Diários' de Carlos C. Varela

O xoves 26 de novembro, ás oito da tarde, presentarase ‘Diários’, de Carlos, un libro editado por Através. Será no Salón de Actos da Facultade de Filosofía da Universidade de Compostela (Praza de Mazarelos).

Gustaríanos moito que se enchera o salón, que toda a xente que aprecia a Carlos ou que non o coñece persoalmente pero sinte interese polo seu caso, ou polo que escribe ou polo que debuxa, estivera ese día alí.

Preséntase o seu libro, de artigos e debuxos enviados desde a cadea nestes últimos anos, e el non vai poder estar. Que menos que cubrir a súa ausencia coa nosa presencia, aínda que a súa ausencia nunca poderá ser cuberta por ninguén mentres el non volte para Loureda. Na presentación haberá música, haberá debuxos, haberá letras e haberá a palabra de todas as persoas que desexen falar, para despois facerllo chegar tamén a el e enviarlle todo o ánimo a dentro da prisión. Estará Séchu Sende, autor do prólogo do libro, estará tamén Valentim Fagim, coordenador da edición, e moito máis.

Vémonos o xoves. Non faltedes! Por favor, avisade a toda a xente, compartide, que ninguén quede sen saber, e que todo o mundo acuda á cita!

Onde mercar o libro? Moi fácil, aquí tedes todas as librarías nas que distribúe Através