Novas

A Audiencia Nacional sentencia que os 17 cacheos con espido integral aos que foi sometido Carlos nos últimos dous anos no cárcere de Topas foron totalmente “arbitrarios e inxustificados”

O tribunal da Sección Primeira da Sala do Penal da Audiencia Nacional, composto polos xuíces Ramón Sáez, Fernando Grande Marlaska e Manuela Fernández Prado, dictou a semana pasada un auto no que resolve e advírtelle a Institucións Penitenciarias que “as decisións administrativas que acordaron en 17 ocasións o cacheo con espido integral da persoa do Sr. Carlos Calvo Varela han de calificarse como arbitrarias por ausencia da súa xustificación sobre a súa necesidade e proporcionalidade e polo seu carácter sistemático”.

A principios deste ano, Carlos presentou unha queixa ante o Xulgado Central de Vixilancia Penitenciaria denunciando que desde o seu ingreso en prisión estaba sendo sometido no cárcere de Topas (Salamanca) a cacheos “sistemáticos” con espido integral sempre ao rematar as comunicacións vis a vis coa súa parella e coa súa familia.

En total, o avogado de Carlos, Benet Salellas, aportou 17 ordes subscritas polo “funcionario intervinte” da prisión de Topas, en impresos idénticos, entre o 16 de decembro do 2012 e o 1 de febreiro do 2014, nas que se recollía como motivo da adopción do cacheo integral a Carlos a “sospeita de que posuíra substancias ou obxectos prohibidos”, sen máis concreción e sen nunca detectarlle nada perigoso nin estrano.  Noutras ordes directamente non aparecía  anotada ningunha causa para proceder ao cacheo e noutras figura simplemente “orde da dirección” sen máis xustificación. Nun periodo de tempo de 13 meses, Carlos foi sometido a 17 espidos integrais por parte do persoal da prisión, “costume” que cesou unha vez que Carlos decidiu denuncialo.

O 16 de setembro do 2014, o Xulgado Central de Vixilancia Penitenciaria desestimou a queixa de Carlos considerando que as ordes “contiñan suficiente motivación” e que estaban xustificadas tendo en conta que, segundo un informe encargado pola fiscalía a posteriori á dirección do penal de Topas, Carlos “está relacionado co terrorismo galego”, está subscrito ao periódico Gara, e ten amosado a súa relación e simpatía coa actividade da banda armada ETA, cousa totalmente falsa.

Ante tal aberración, a defensa de Carlos decidiu interpoñer un recurso de apelación contra o auto do Xulgado Central de Vixilancia Penitenciaria, e agora a Audiencia Nacional acaba de darlles a razón, declarando nula a resolución do Xulgado Central de Vixilancia Penitenciaria, reprendendo a Institucións Penitenciarias e considerando ilegais ditos cacheos. O xuíz Ramón Sáez, poñente da resolución acordada por unanimidade, afirma no auto que os casos documentados pola defensa de Carlos son “ben expresivos” da irregular situación. “Dicir que o control sobre o corpo do interno con espido íntegro se xustifica na sospeita posuír substancias ou obxectos prohibidos en materia de dereito fundamental é equivalente a non dicir nada”. “No hai motivación” para tales cacheos, conclúe o xuíz, que considera que nin eran necesarios, nin imprescindibles nin xustificados. “Que substancias podería ocultar? Sospéitase de drogas? En que obxecto se pensaba?”, pregúntase Ramón Sáez sen atopar resposta de ningún tipo.

Por todo isto, a Audiencia Nacional considera que nestes dous anos se violou o dereito á intimidade corporal de Carlos, procede a arquivar todas as actuacións e declara nulas todas as medidas de rexistro sufridas polo preso neste tempo. Ao  declarar ilegais os cacheos a Carlos, a Audiencia Nacional declarou a infracción de dereitos fundamentais por parte de Institucións Penitenciarias, e concretamente algo tan relevante e importante nun estado de dereito como é o dereito fundamental á intimidade e á integridade moral e corporal.

Carlos leva en prisión, en réxime de illamento, desde setembro do 2012, cando foi detido en Vigo no marco dunha “operación antiterrorista” contra “Resistencia Galega”. Estudante de Filosofía e Antropoloxía e xornalista de profesión, trasladárase aquel 15 de setembro de Santiago a Vigo para preparar unha entrevista a Xurxo Rodríguez sobre a peña futbolística Celtarra á que este pertencía. Non obstante, foi detido xunto con Xurxo ao comprobarse que este tiña no coche que estaba estacionado ao seu carón unha mochila con dous termos explosivos. A pesar da ausencia de probas contra Carlos Calvo, Xurxo pactou coa fiscalía no xuízo na Audiencia Nacional celebrado o pasado mes de maio a súa rebaixa de pena de 18 a 6 anos de cárcere a cambio de incriminar a Carlos. Carlos, pola súa banda, foi condenado a 12 anos de prisión, acusado de “tenza de explosivos e pertenza a organización terrorista”. A sentenza condenatoria de Carlos, que conta co voto particular dun dos tres xuíces do tribunal a favor da súa absolución, non é firme, posto que está recurrida ante o Tribunal Supremo e nas próximas semanas debería fixarse a data na que o Supremo revisará o caso, unha vez que o recurso da defensa hai meses que xa foi admitido.

 

Derecho de emergencia en Galiza, más allá de la Inquisición

Nicolau Eimeric, nacido en Girona el 1334, Inquisidor General de la Corona de Aragón fue autor de uno de los tratados más famosos sobre el oficio inquisitorial y, en la reflexión sobre el valor de las delaciones de los cómplices del acusado, descartaba de forma taxativa su peso como única prueba en el proceso penal. Desgraciadamente el derecho de emergencia construido por algunos Estados pretendidamente democráticos en el s. XX ha rebajado este esmirriado listón probatorio hasta el punto que en nombre de la lucha antiterorrista se ha validado la posibilidad de aceptar como única y solitaria prueba de una condena la declaración de un arrepentido. La Italia de los 80 y 90 del siglo pasado fue el auténtico campo de entrenamiento de esta excepción procesal que se encuentra vetada como tal en otros países en los que se exige siempre que haya confirmación de lo que explica el delator más allá de su propia declaración y que la misma se haya filtrado con un interrogatorio cruzado con aquel que es acusado, como pasa por ejemplo en la tradición anglosajona.

La Audiencia Nacional española ha condenado este mes de mayo del 2014 el joven Carlos Calvo Varela a doce años de privación de libertad por los delitos de pertenencia a organización terrorista (Resistencia Galega) y tenencia de explosivos al servicio de dicha organización con la única prueba de la confesión en juicio del otro acusado, Xurxo Rodríguez, quien había llegado previamente a un acuerdo con la fiscalía de rebajarle la pena a la mitad, tal como ha asumido el Tribunal, a cambio de modificar el sentido de sus declaraciones, que siempre habían sido de exculpación de Carlos Calvo, y convertirlas en incriminatorias. La sentencia, redactada por Fernando Grande-Marlaska y con el voto en contra de uno de los tres magistrados que formaban el tribunal, se sitúa así en la vanguardia del derecho de emergencia contemporáneo, incluso más allá de las soluciones desesperadas de los tribunales italianos en los años de plomo, y la verdad es que los que lo vivimos en primera línea nos derriba todos los esquemas.

A alguien le pueden ofrecer una rebaja de la pena a la mitad (a Xurxo Rodríguez le han impuesto seis años de privación de libertad) a cambio de cambiar sus declaraciones. Esta persona declara en el juicio negándose a contestar las preguntas del abogado del otro acusado (y por lo tanto extirpando cualquier hipótesis de contradicción de la prueba como exigiría el principio de justicia más elemental). Y todo esto, sin más, pasa a imprimirse en una sentencia con pena propia de un delito de homicidio. Esto sí que resulta un auténtico atentado contra el sentido común y contra la inocencia de alguien que, como Carlos Calvo, siempre ha negado tener ningún tipo de relación con organizaciones de tipo terrorista o similar y de quien los propios agentes actuantes en el juicio pudieron acusar como máximo de formar parte del universo del independentismo gallego.

Me cuesta mucho no pensar en la Inquisición y de ahí la cita del principio. El sufrimiento que se provocaba a los justiciables por el Santo Oficio hacia que los ciudadanos fueran capaces de aceptar como propia la más abominable de las herejías. El sistema de pactos con la fiscalía de la Audiencia Nacional hoy puede hacer declarar a cualquier hereje el más terrible de los crímenes en relación a cualquier otro acusado, a cambio de no sufrir el tormento de una pena alargada y de los premios previstos en la legislación antiterrorista para los arrepentidos colaboradores. En este caso el sufrimiento no es físico, pero la coacción al derecho a la libre declaración es la misma. Y lo más grave, la inocencia de aquel contra el cual se gira la delación no sabe como hacerlo para sobrevivir a ello. Carlos Calvo, nos vemos en el Tribunal Supremo.

Benet Salellas i Vilar, abogado 

Carlos está en Navalcarnero. 29 de abril do 2014

Carlos foi trasladado da prisión de Topas, en Salamanca, á prisión de Navalcarnero, en Madrid. Despois de 1 ano, 7 meses, 1 semana e 5 días en prisión preventiva, achégase o momento por fin. De aquí até o día do xuízo estará en Madrid, a onde levan aos presos que van ser xulgados na Audiencia Nacional para estar máis preto da sede dese tribunal. Por iso, a partir de agora, por favor, escribídelle cartas a este novo enderezo:

Carlos Calvo Varela
Centro Penitenciario Madrid IV – Navalcarnero
Ctra. N-V, Km. 27,7
28600- Navalcarnero
Madrid

O Carlos colleu estes días na biblioteca da prisión un libro de relatos de Hemingway. Nun deles, ‘A capital do mundo’, están dous cregos galegos tomando uns viños nun hostal madrileño:
“-Há dez dias que estou aqui, esperando vê-lo. Passo o dia inteiro na antesala e nom quer receber-me.
-Que há que fazer, entom?
-Nada. Que pode fazer um? Nom se pode ir contra a autoridade.
-Estivem aqui duas semanas, e nada. Espero, mas nom querem ver-me.
-Se quando menos o atenderam a um, embora fosse para dar-lhe umha reposta negativa…
-Nom. Tem que esperar até cansar-se e desfalecer.
-Pois bem, já veremos. Podo esperar como o fam outros”.

Que Deus reparta sorte, que caian os mitos e que se descubran os homes. Imos aló!

13 de junho de 2013

X Premio Roberto Vidal Bolaño. O sábado, 15 de junho, às 12:00 horas, na Faculdade de Filosofia da USC. Obrigados. Vemo-nos ali!

Quando alguém recebe um prémio, costuma encher o peito e deixa o seu ego saboreiar a satisfaçom do reconhecimento social a um labor determinado trás palavras de falsa modéstia. Nom é o caso das pessoas que compomos devoltaparaloureda. Nós sabemos que alguns prémios nom se concedem a individualidades senom a causas, reparamos em que a grandeza que mais louvor merece é sempre a colectiva.

Assim entendemos o gesto das Redes Escarlata, que tivérom a bem outorgar-nos nada menos que o Prémio Vidal Bolanho, no mesmo ano em que se lhe dedicou o Dia das Letras Galegas a este gigante do nosso teatro. Som elas mesmas e todos aqueles/as que se implicárom sem medo na defesa dos direitos civis das presas e presos políticos galegos os verdadeiramente premiados. A entrega protocolar do galardom vira-se, deste jeito, um golpe afouto à mentira e ao silêncio com os que o regime espanhol oculta seqüestros, torturas e infâmias contra a dissidência política galega.

Porém, sim que é verdade que há umha emotividade especial que inevitavelmente nos atinge como pessoas concretas neste caso. A obra de Bolanho, mesmo a sua figura como parte imprescindível da paisagem compostelana, costumam encher as conversas literárias de Carlos. Sempre se lhe iluminárom as meninhas ao falar de Rastros. A profundidade desta peça no tocante ao compromisso e à repressom desde a personalidade individual situam a luita política galega numha nova dimensom. Paradoxalmente, Carlos Calvo também padece a condena de experimentar em si próprio a dureza descarnada do estado espanhol contra quem ousa questioná-lo e, de par, vê transcorrer o caminho da vida com as alegrias e mágoas de familiares e amigos que sobardam igualmente a idealizaçom arquetípica do rebelde preso. Pola mesma, os  avessios da mentira total em que mergulham a vergonha dos independentistas presos, de certo que também lhe ham provocar a lembrança das Actas Escuras e um desses seus sorrisos imbatíveis.

Como gente que quer, que ama, que precisa, agradecemos a ajuda e a irmandade que se nos oferece valentemente desde as Redes Escarlata. Identificamos com um sentimento que transcende qualquer emoçom adscrevível a umha entrega de prémios qual é a intençom da cerimónia. Este 15 de junho, com todas as olhadas pousadas na sua obra, fora da oficialidade auto-anémica,  aquela figura esguia e ensombreirada vai ser lembrada polos seus companheiros de armas literárias como os velhos guerreiros, com a honra do seu nome para a causa que o acompanhou toda a vida e coa espada destemida da sua caneta entre as maos.

Que a luita pola liberdade de Carlos Calvo e a de todos os independentistas galegos presos, às portas dum juízo contra quatro deles, seja o motivo que inspire o acto deste sábado, assinala o vieiro da esperança nestes tempos mouros e fragmentados que estamos a viver como povo.  Seguiremos adiante. Obrigados/as.

http://www.redesescarlata.org/2013/05/acto-de-entrega-do-x-premio-roberto-vidal-bolano-outorgado-polas-redes-escarlata/

6 de xuño de 2013

Da raza dos non choromiqueiros

OLYMPUS DIGITAL CAMERAValentina ten 83 anos e vive nunha aldea de Ordes. A viaxe máis longa que fixo na súa vida foi hai anos a Aldán, onde están uns dos mellores amigos da familia. Carlos foi o seu primeiro neto dos dous que ten. Desde o día que soubo que o prenderan teimou en que quería ir velo ao cárcere, a pesar de que a distancia en quilómetros non era moi recomendable para a súa idade.

Despois de oito meses insistindo para ir velo, hai unhas semanas levárona á prisión de Topas. Cumpríronlle o ‘gusto’ a ela, no que como se lese o fermoso conto de Dieste do vello que quería ver o tren, porfiaba, testuda.

Percorreu máis de 800 quilómetros en coche para estar co neto 2 horas nun vis a vis e poder abrazalo e recitarlle esas coplas tradicionais galegas que tanto lle gusta escoitar a Carlos na casa. Saiu ás 9 da mañá e chegou de madrugada ao día seguinte. “Catro mulleres vimos/as catro te queremos/agora ti elixe/e as outras camiñaremos”, recitoulle nada máis chegar na sórdida xaula na que as meteron. Como di un vello amigo  noso, se, como se sospeita, estas conversas son intervidas polo sistema penitenciario, vulnerando os dereitos máis elementais, cumpriría recuperar a gravación e borrar, por suposto, a conversa familiar, para deixar despois que soasen, ceibas, as vellas cantigas da tribo que se escoitaron hai uns días no escuro ambiente dunha cadea española.

Valentina é tamén unha das persoas que máis cartas lle escribe a Carlos desde que está preso. Díctalle á súa filla, a madriña de Carlos, e despois envían as cartas a Topas, unha ao mes polo menos, contándolle como vai todo pola aldea e dándolle ánimos.

“Abuela, nós nunca fomos raza choromiqueira”, dille o neto a Valentina cando a chama por teléfono. “Iso é certo”, contéstalle ela, tragando saliva e ríndose para que Carlos non se preocupe alí dentro: “Xa ves que sigo tan rideira como sempre”.

Hai varios venres, Valentina deixou na casa as bágoas de raiba que esbaran a cada minuto e armada de forza entrou no cárcere. Levaba posta unha pulseira e unha camiseta a favor da selección galega de fútbol que quería regalarlle ao neto e que pronto Carlos recibirá no paquete de cousas mensual que se lle poden entregar.

Valentina di que, despois de 8 meses, poder abrazar ao seu neto foi “a alegría máis grande da miña vida”. “Non sexa que lle reñades ao neno”, dicía ela unha e outra vez os primeiros días da detención. “Foi a viaxe máis longa que fixen nunca e máis me gustaría que a miña viaxe máis longa fose doutra maneira, pero aínda así estou contenta de poder ir”. Cando chegou, os carcereiros dixéronlle que non se preocupara, que ía ver como aquelo era como estar nun colexio. Nada máis lonxe da realidade, pois falamos dun ‘alumno’ que ten exceso de educación e que alí recibe de todo menos boas aprendizaxes, que o obrigan a estar 21 das 24 horas que ten o día encerrado e so nunha celda e ao que non lle permiten asistir a ningunha actividade nin titoría nin estar con outra xente porque o teñen, sen ter sido xulgado, nun módulo de isolamento, en primeiro grao penitenciario e baixo o réxime FIES (Ficheiros de Internos de Especial Seguemento). ”Aquelo pareceume moi frío, por fóra e tamén por dentro e moi triste”. “Deume moita pena e aínda non quero crer que Carlos estea alí dentro. É moi triste”.

Muller que viviu a guerra e o franquismo, non pode evitar lembrar as épocas igual non tan pasadas. “Tamén daquela detiñan á xente e ían ao cárcere. Matábanos sen ninguén saber”.

En Ordes hai documentados uns 80 asasinatos políticos na zona, 67 deles de persoas que defendían a legalidade republicana ou que participaron na guerrilla antifranquista. “Teñen pagado xustos por pecadores moitas veces e deixa ver agora, cousas así xa se teñen visto”. “Daquela, nin eu nin ninguén chorabamos cando mataban aos falanxistas, e hoxe, o goberno que temos está moi mal”.

Longa vida ás mulleres galegas! Nada máis que comentar.

15 de maio de 2013

Al pan, pan; y al vino…

scale

Fonte: lavozdegalicia.es

Guardia Civil vén de conmemorar o 169 aniversario da súa fundación, e polo tanto, actividade armada. No acto, celebrado na cidade da Coruña e segundo información do xornal La Voz de Galicia, foron condecorados tanto “gardas” como persoal alleo ao “corpo”. Un deses premiados alleos foi o xornalista José Manuel Pan, redactor do citado xornal e “que habitualmente cubre las informaciones sobre el instituto armado y la Dirección General de Tráfico” segundo o propio medio.

Non parece un recoñecemento menor nin casual. Adóitase reclamarlle ao xornalismo a condición de imparcial, que debera ser unha característica que en último termo residira na honestidade persoal do propio xornalista. Ben é certo que este recoñecemento queda certamente admirable e esixible na teoría, pero tórnase moi difícil de compaxinar cando reparamos en que, no fondo, estamos a falar de que un traballador ouse desafiar ordes directas de superiores xerárquicos.

A patoloxía que sofre hoxe en día o xornalismo reside aí. Como ben comenta Pascual Serrano, “os medios tentan dar aparencia de neutralidade, pero o xornalista ten que ter valores e tomar posicións”, malia que este desexo sexa altamente impracticable nas deplorables condicións laborais da profesión, aspecto que tamén denuncia o propio Pascual Serrano. Cando o profesional non exerce a dignidade, ben sexa por pura prostitución ou porque as súas condicións reais llo impiden, non podemos falar de xornalismo. Que temos entón? Pois nin máis nin menos que a simples escribentes que, en moitos casos, tan só transcriben as notas de prensa dunha parte, que obviamente sempre é a máis forte. O acto pornográfico adquire maior dimensión cando se violan todas as normas da ética, dos códigos deontolóxicos e do sentido común, cando se sabe que se causan danos irreparables e se fulminan dereitos fundamentais como a presunción de inocencia pero se está a servir unha farsa, ou cando menos, unha versión sen confirmar.

Unha simple busca na web da Voz ofrécenos unha das vías polas que relacionar ao citado xornalista co galardón que lle foi concedido. Pan é unha das sinaturas habituais nas novas que elabora o xornal (non nas de axencia) sobre a presunta existencia dunha banda terrorista no noso País e sobre as detencións de supostos membros desa invisible organización, así como as súas peripecias e as irrefutables probas que vincularían a cidadáns galegos situados na disidencia política con actos delitivos. Dito doutro xeito, este xornalista é un dos servidores da fábula que os corpos de seguridade, o Ministerio do Interior e a Delegación do Goberno están a artellar sobre a presunta existencia de terrorismo en Galiza.

Cando o xornalismo se deita co poder deixa de cumprir a súa función, e polo tanto, deixa de ser xornalismo. Precisamente iso, que non exista xornalismo, é o que premia o aparello institucional español e do que se serve para publicar as súas “informacións” nos medios ao seu servizo.

Xogo descuberto.

20 de março de 2013

Benet Salellas explica a situación surrealista na que está Carlos

O abogado de Carlos, o catalán Benet Salellas, fala para os periodistas de antigonia. nexo informativo sobre a situación surrealista que está padecendo Carlos.

Benet Salellas from ortiz – quiroga on Vimeo.

Máis información

15 de março de 2013

COMUNICADO URXENTE: A Audiência Nacional intenta evitar a imediata posta em liberdade de Carlos Calvo imputando-o numha acçom do 2011 cuja investigaçom fora fechada sem autor conhecido

Ontem, 14 de março Carlos fazia 25 anos. Detido o passado 15 de setembro do 2012 en Vigo, no meio dumha operaçom “antiterrorista” e processado o passado 26 de fevereiro do 2013 por um suposto delito de “pertença a organizaçom terrorista” eoutro de “tenência de explosivos”.

Durante estes 6 meses de prisom preventiva foi dispersado e trasladado continuamente de cárcere baixo a aplicaçom do régime FIES, passando já polos centros penitenciários de Soto del Real, Aranjuez, Topas e Valdemoro, com todas as comunicaçons intervidas e em módulos de isolamento.

Desde o passado 22 de fevereiro, Carlos está no centro penitenciário de Valdemoro (Madrid). Foi trasladado desde a prisom de Topas a Valdemoro para poder declarar ante a Audiência Nacional a petiçom própria, umha vez levantado o segredo de sumário da sua causa e corroborado que nom havia motivos nem provas suficientes para seguir prolongando o seu estado de prisom preventiva num contexto no que, segundo a lei, a celebraçom do juízo pode tardar até 4 anos en ter lugar.

O 27 de fevereiro Carlos foi declarar ante a Audiência Nacional para deixar constância da ausência dos “fins terroristas” que se lhe imputam e do seu forte arraigo social na Galiza e, polo tanto, do inexistente risco de fuga que alega o tribunal para non deixá-lo en liberdade, algo que foi apoiado com a presentaçom de quase 40 documentos e certificados, entre eles certificados asinados polo próprio alcalde do concelho de Ordes e polo curada sua paróquia, certificados de boa parte dos profesores da Facultade de Filosofia da Universidade de Santiago de Compostela, onde foi um dos alumnos mais brilhantes e destacados que passaron por ali, várias promesas de contratos de trabalho con empresas dispostas a contrata-lo para trabalhar en canto o ponham en liberdade e certificados de toda a ampla actividade sócial que vinha desenvolvendo nos últimos tempos na Galiza, tanto dejornalista como de investigador antropológico e dinamizador cultural.

O seu avogado, o catalán Benet Salellas, apresentou o 28 de fevereiro um recurso de reforma contra o auto de procesamento de Carlos, tendo em conta que em todo o sumário de 4 tomos non há indícios suficientes para processá-lo por pertença a unha suposta organizaçom terrorista inexistente na Galiza –pois a dia de hoje ningumha sentença judicial em firme considerou que existir tal banda e o próprio fiscal considera que o apresentado na causa de Carlos, achegado pola Guarda Civil, é insuficiente- e que non há motivos para negar a sua posta en liberdade, nem tampouco para que este tema siga sendo tratado pola Audiência Nacional.

Quando tanto Carlos como o seu avogado estaban agardando a que a Audiência Nacional resolvesse o recurso presentado, ontem, 14 de marzo, dia do aniversário de Carlos, a Audiência Nacional decidiu fazer-lhe o seu particular agasalho. A última hora da tarde do mércores, 13 de março, os funcionários da prisom de Valdemoro comunicarom-lhe a Carlos de surpresa que estivesse preparado pois ao dia seguinte às 7 da Manhã levariam-no a “diligências” à Audiência Nacional, sem explicar-lhe de que se tratava o assunto e sem notificar-lhe o tribunal citaçom algumha ao seu avogado. quando Carlos chegou à Audiência Nacional, topou-se com que o juíz decidira imputá-lo numha nova causa correspondente a um expediente que leva anos parado na AN por non ter provas sobre a autoria e que se corresponde com uns feitos acontecidos en Vigo en outubro de 2011, relativos à colocaçom dum “explosivo” nun caixeiro de Nova Caixa Galicia que os TEDAX explosionarom controladamente. Dá-se a particularidade de que se trata dum novo expediente no mesmo julgado, polo que o lógico seria comunicar-lho ao letrado que o próprio julgado sabe e conhece que é o defensor de Carlos, precisamente porque o assiste no outro expediente. Ademais, as citaçons judiciais, sejam do tipo que sejam, deven ser remitidas com a anterioridade suficiente para permitir ao seu receptor preparar a diligência judicial e designar os convenientes profesionais que o asesorem.

O juíz decidiu ontem imputa-lo nesta nova causa, considerando-o, sem fundamento nem proba nigumha, suposto autor daquele feito acontecido em 2011, quando o curioso é que no sumário aparece recolhido que despois de moito tempo investigando policialmente nunca chegaron a determinar a participaçom de Carlos en semelhantes feitos. Esta conclusom da polícia aparece expresamente citada no informe policial de imputaçom de Carlos na causa primeira e na que a polícia española manifesta explícitamente a imposibilidade de imputar este feito a Carlos Calvo.

Precisamente agora, cando nom há motivo algum para atrasar a imediata posta en liberdade de Carlos, a Audiência Nacional decide imputar-lhe esta nova causa com o objectivo de intentar que isso conste como um inventado “antecedente” de Carlos, que nunca tivo e que é totalmente falso, e así atrancar a sua liberdade. Algo que aconteceu, para mais gravidade, negando-lhe o seu direito à defensa ao ter que ser assistido por unha avogada de ofício em lugar de polo seu próprio avogado de confiança.

Desde a Rede de Apoio a Carlos Calvo queremos difundir este feito para que a sociedade coñeça que é o que está passando. A polícia e a Audiencia Nacional nom podem aproveitar que Carlos leva injustamente 6 meses em prisom preventiva sem motivos para cargar-lhe sem fundamento ningum a suposta autoria doutras causas que levam anos sem resolver por nom ter provas nem as investigaçons concluír nada determinante sobre quem está detrás desses feitos.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s