Co novo ano, comeza un novo blogue do Carlos, desta volta sobre toponimia: Aldeias de Ordes

Portada de facebook

Coa chegada do 2018, sae á luz un novo blogue, Aldeias de Ordes, o blogue de Carlos C. Varela sobre toponimia ordense. Nel, iranse publicando cada semana artigos escritos polo Carlos desde a prisión de Villabona sobre esta temática relacionada co nome dos lugares do concello de Ordes, a súa xente e moito máis.

Animamos desde aquí a todo o mundo a seguir este novo proxecto, ao que se pode acceder pinchando aquí. E se queres unirte á páxina de facebook de Aldeias de Ordes, entra aquí.

Bo ano para todxs!