Para Proxecto Cárcere. jailART

Carlos envía desde Topas este desenho para participar na convocatoria de arte postal realizada polos compañeiros de Proxecto Cárcere, dentro da campaña impulsada para que a antiga prisión da Coruña se convirta nun Centro Sociocultural Autoxestionado.

Como os tempos e xestións dentro das cadeas son moi lentos, aínda recibimos hoxe o desenho e chega moi fóra de prazo… Esperamos que poidan incluilo nas exposicións de divulgación do proxecto. Encamiñado cara a eles vai. Orgullosas de poder participar en tan interesante iniciativa.

bilitroque