Vídeos

Cando as cousas caen polo seu propio peso

A forza de Machina, para Carlos

A Festa da República Galega agarda por Carlos

O xenderal Gendebeat pola volta do Carlos

Sobre o que ás veces vemos de lonxe pero lle pode pasar a calquera, sobre os xuízos previos, sobre o que fala a xente por falar. Cantos pensan que só teñen razón os anuncios da prensa e da televisión? Gendebeat cuspe pedindo a volta á casa de Carlos.

O Leo e o medo

Nun Estado teoricamente democrático, como pode ser que se criminalice o presunto? O Leo Arremecághona fala sobre como se empezou a utilizar de xeito tan impune por parte dos medios e do poder o adxectivo “preventivo”.

Pablo Iglesias com as independentistas presas


David Otero fala de loros e piratas

“Que é un terrorista? Alguén que  molesta, que pon en dúbida a evolución necesaria e popular que debería ter unha sociedade para conquistar unha soberanía e por iso hai que pagar peaxe? Por que a liberdade do pensamento ten que estar acoutada?”

‘El mundo está lleno de loros, pero los más importantes son los piratas’. Subcomandante Marcos.

Así foi. Entrega do X Premio Roberto Vidal Bolaño. Vïdeo resumo do acto

“Nenhuma primavera mais sem Carlos”: o vídeo que estreamos na entrega do X premio Roberto Vidal Bolanho

Cadeas non apresan, ceiban loitas

Hai prisións que pechan os nosos corpos, illándonos, evitando tocar outros corpos. Outras prisións, tentan pechar os nosos pensamentos e a poesía que deles manan. Cadeas con muros que nos deixan dentro ou que nos manteñen fora, son muros que nos separan, muros que hai que tombar.

As imaxes deste vídeo amosan a antiga cadea provincial da Coruña en Monte Alto. Unha cadea que pechou a milleiros de persoas e que serviu, durante a Guerra Civil e a ditadura ás demandas da represión fascista. Alguns dos presos políticos e comúns que alí estaban mirando ao mar non chegaron a saír con vida. Outros si, axudados tamén polas familias e amizades que desde fora e con xenerosidade mantiñan vivas as súas forzas e esperanzas.

Hoxe a cadea está baleira, oxidada como haberían de estar todas as prisións. Baleiras de presas que por pensar diferente ou non encaixar no noso mundo viven condenadas á represión e illamento baixo un sistema que non deixou de ser fascista.

Estas imaxes amosan unha cadea con nomes e apelidos, mais falan de todas as cadeas.

Nós cremos que os terroristas e ladróns son outros. Son os que viven sangrando a xente neste sistema capitalista, patriarcal e opresor. E precisan continuar con este sistema para seguir vivindo ben, pechándonos en celdas sen xanelas.

Cada un dos muros que nos illan, muros de cemento ou de pensamento, son muros opresores para derrubarmos todas xuntas.

As Candongas do Quirombo. Maio 2013. Colectivo poético audiovisual formado orixinalmente pola poeta Andrea Nunes Brións e a comunicadora audiovisual Raquel Rei Branco.

Luz Fandinho, seguir com um sorriso

Luz Fandinho, escritora e activista galega, luitadora polos direitos colectivos e individuais, nom duvida em pronunciar-se a favor de Carlos Calvo e dos presos galegos.

“Está repetindo-se o que fixo Franco (…) Agora os ladrons de guante blanco estam ceibos, os que cometem o verdadeiro terror som os que encarceram a estes moços e estam usurpando-nos todo e querem fazer-nos tragar mentiras a eito, como que estamos vivendo numa democracia, eu chamo-lhe dedocracia. É arrepiante. Temos que saber resistir, saber-lhes dar alento a esses nossos filhos. A mim nom me fam abalar rodas de muinho. Temos que seguir nom chorando, senom inclusive se somos capazes, com um sorriso”.

“Non pode ser, non pode ser, os pobres nas cadeas e os corruptos no poder. Como é?”

Garcia Mc, músico membro de Dios ke te Crew e Labreg@s do Tempo dos Sputniks, manifesta a súa solidariedade cos presos e denuncia que a prisión está feita para a xente que se rebela, para a xente humilde e sinxela.  ”É moi forte de repente atoparte con que as formas represivas as sofre xente da nosa contorna máis directa. Por que? Por pensar diferente, por reivindicar, por reclamar os nosos dereitos colectivos”. O soño de García: “Que os que son corruptos, os que  nos maltratan sistematicamente, os que levan ao pobo á desesperación, antes de que caian os muros das prisións, os desfruten un tempiño, e despois xa que dunha vez por todas caian os muros da incomunicación, das prisións, e poidamos vivir nunha sociedade digna, libre, xusta, realmente democrática, onde se traten as diferencias que teñamos dunha maneira en que se respecten os dereitos fundamentais das persoas. Abaixo os muros das prisións, nin FIES, nin dispersión nin enfermos en prisión. Liberdade para Carlos, liberdade para todxs”.

Comba Campoy fala da repressom e do papel dos media

A jornalista e actriz Comba Campoy, solidária e comprometida cos direitos humanos e a liberdade de informaçom, dá a cara para falar da repressom e do papel dos media, da importancia dos meios de comunicaçom alternativos, da  montagem policial e jornalística, da lei “antiterrorista”, da dispersom como castigo, da necesidade de rachar coa sospeita para fortalecer a solidariedade.

“As  nossas derrotas o único que mostram é que somos poucos a luitar contra a infâmia. E dos espectadores, aguardamos que ao menos se sintam avergonhados“. Bertolt Brech 

Teresa Moure dá a cara polas pessoas presas

Quando há pessoas que estam dispostas a viver doutra maneira, a pensar doutra maneira, trata-se de neutralizá-las já, de vez, para sempre.  Nom sei se com a ideia de criar um divertimento social ou algo de que falar durante um tempo ou com a idea de prevenir, de que se sais do rego tenhas coidado com o que che pode passar, de assustar.

Terrorismo en Galiza?

Segundo o último barómetro do CIS, só o 0,2% da poboación considera que actualmente existe un problema de terrorismo en Galiza. O 77% dos cidadáns considera que o principal problema é o paro, o 39% din que a situación económica e o 30% din que os partidos, a política e os políticos en xeral.

Un grupo de xente estivemos hai unhas semanas gravando na entrada dun novo centro comercial de Compostela. Se ninguén está realmente preocupado polo terrorismo en Galiza nin pensa que exista, como pode ser que haxa persoas que son detidas baixo a lei antiterrorista e que están encarceradas a centos quilómetros das súas casas, sen xulgar e vulnerándose todo tipo de dereitos? Quenes son os que realmente sementan o terror no noso país?

Elvira Souto fala dos abusos sobre as pessoas presas e nas detençons

“A aplicaçom da legislaçom antiterrorista, umha legislaçom de excepçom, já é um abuso em si mesma, e nada desejaríamos mais que ver o Carlos livre destes abusos:

-Abusa-se dos períodos de detençom incomunicada.

-Abusa-se reiteradamente dos períodos de prisom preventiva, que é o que lhe acontece agora ao Carlos. A prisom preventiva está pensanda para casos nos que há perigo de que as pessoas fujam e nom é o caso. Nom há nengum perigo porque som pessoas mui arraigadas socialmente e com vínculos familiares e nom estám nem minimamente interessadas em escapar do país.

-Abusa-se do segredo sumarial.

-Abusa-se dos meios coercitivos.

-Há lugares suficientes nos cárceres situados na Galiza para as pessoas de arraigo galego presas no Estado espanhol. Traz-se gente de fora e a nossa gente manda-se ao exterior. Isto é um abuso de lei particularmente cruel porque castiga familiares e amigos e é um sobrecastigo para os presos.

Se existe ou nom um grupo que decidiu practicar delito de terrorismo há que demonstrá-lo e nom se demonstra, aceita-se o que dim os agentes e isso é um abuso. Há que demonstrá-lo e nom há provas desse delito. Se polo PP fosse, qualquer pessoa que enarbolasse um emblema, umha insígnia que fosse do seu desgosto particular, seria terrorista. Corresponde-lhe à sociedade civil dar o passo e denunciar estes abusos. Todos somos pessoas expostas a um dia aparecer detrás das reixas”.

Mini e Mero falam dos presos políticos

Basta já de fechar vozes e de colgar-lhe à gente o “sam benito” do terrorismo. Tenhem os médios de comunicaçom aferrolhados ao seu serviço, ultimamente mais que nunca, manipulam a opiniom pública baixo esse gram saco no que cabe tudo e que eles chamam terrorismo. Eles som os primeiros terroristas, ao conculcar calquera tipo de liberdade estam exercendo o terrorismo. Nom permitem que vozes limpas digam o que tenham que dizer. Se tenhem delito, que os julguem, mas que se deixem de tontarias e sobre todo que os tenham cerca da casa, o que nom pode ser é que a sua família e amigos estejam sofrendo um alonjamento ao que nom há direito.

Séchu Sende fala da legislaçom antiterrorista

Los detenidos por hallarse comprendidos en esta ley, serán puestos a disposición del Juez competente dentro de las setenta y dos horas siguientes a la detención. No obstante, la detención preventiva podrá prolongarse el tiempo necesario para los fines investigados hasta un plazo máximo de otros siete días, siempre que tal propuesta se ponga en conocimiento del Juez antes de que transcurran las setenta y dos horas de la detención.

Artigo 13º da Lei antiterrorista espanhola

A dispersom de pres@s, umha práctica nom legal que castiga as famílias

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s